martes, 20 de abril de 2021

Santiago de Sumio

https://drive.google.com/file/d/1ncZ9hL9kMjgS89ZY7DqeFPco5vehuBuR/view?usp=sharing 

San Estevo de Paleo

https://drive.google.com/file/d/1T0sM0vcPn-eohUzvGbYP6TMd5BSyrhhO/view?usp=sharing

San Xiao de Sergude

https://drive.google.com/file/d/1b4o76wKkjj_i1Tpf2jeIFcsHFYDadQwP/view?usp=sharing 

San Pedro de Quembre

https://drive.google.com/file/d/1Q9qASxus4OhqCmNujKEgo-Pzh3MxXGoR/view?usp=sharing

Prediccións populares do clima na provincia da Coruña

https://drive.google.com/file/d/1srHipZZeN_qpXdix13Ph4GZIGaFSgADh/view?usp=sharing 

San Martiño de Tabeaio. Carral

 https://drive.google.com/file/d/1XPuIwM0AXlrd-IQowucQaJCMP8-aM0ed/view?usp=sharing

Veira. Carral

 https://drive.google.com/file/d/134EOKaxGCZZ6DxZ9LaviV_e0AmG0aWQj/view?usp=sharing

Sintomatoloxía e curación de enfermidades tradicionais nas Mariñas coruñesas (II). Lois Vilar Hermidas

 https://www.yumpu.com/pt/document/read/36537743/por-lois-vilar-hermidas-anuario-brigantino-betanzos

martes, 13 de abril de 2021

Sintomatoloxía e curación de enfermidades tradicionais nas Mariñas coruñesas (I). Lois Vilar Hermidas


https://drive.google.com/file/d/1evbVVPT8jY7oZjcml8YixBPQrgiR0EV6/view?usp=sharing

CLIMATOLOXÍA

O vento non é máis que o aire en movemento que, según din os científicos, se desplaza das zonas de maior a menor presión e, canto máis O vento non é máis que o aire en movemento que, según din os científicos, se desplaza das zonas de maior a menor presión e, canto máis sexa a diferencia entre as presións máior será a forza do vento.

Os nosos labregos e mariñeiros danlle ao vento tamén o nome de aire ( ven ar do norte, fai ar frio,...). O nome de vento utilizase xeralmente cando a forza do ar é maior.

E este un dos aspectos que máis mira o paisano para predir o tempo que vai vir. Mira non só a súa dirección, senón tamén o seu grao de humidade, a súa altura, a forza e o seu comportamento, dándolle según as súas características, distintos nomes.

A Forma máis sinxela é clasificalos según a súa dirección que moitas veces ven dada polo punto cardinal do que procede. Fálase así de ventos do norte, do leste, do sudoeste, etc. Incluso os puntos cardinais reciben aquí o nome de ventos, é dicir, o punto norte chámase vento norte, o punto este, vento este. A rosa que marca os 32 puntos cardinais en que se divide  o horizonte chámase precisamente rosa dos ventos.

Estes ventos, a nivel local, poden recibir outros nomes, por exemplo o ar do sur pódese chamar vento sur, vendaval, surazo,...; o do leste, lestazo, soan, nacente (ven de onde nace o sol), levante,....; o do oeste, poñente (ven do lugar onde se pon o sol), travesio,..; o do noroeste, nordés,... Aínda que ás veces, según estemos nun ou outro lugar da provincia, confúndense eses nomes, así, vendaval chámase ao ar do suroeste nas zonas do norte da provinci

Outros nomes que atenden á dirección do vento son os que indican se o vento ven do mar ou da terra. Se veñen do mar chámanse ventos mareiros, e os da terra, terreiros. Dentro destes últimos teremos tamén os ventos da serra ou da montaña se veñen de lugares altos. Tamén falan os paisanos de ventos de fóra ou ventos de dentro. Xeralmente os de fóra son os que veñen do mar e os de dentro da terrra. Se vemos a disposición da provincia no mapa, os ventos de fóra coincidiran cos do norte e oeste e os da terra cos do sur e do leste.

Outra división que fan os paisanos é a de ventos de arriba e ventos de abaixo. Dunha forma moi xeral, os de arriba veñen do arco norte e os de abaixo do arco sur pero, ás veces, influe a topografía do terreno e os de arriba chámanlle aos que veñen das zonas altas (montañas ou lugares máis elevados) e os de abaixo, naturlamente, aos  que veñen das zonas de menor elevación. Así, en Mesía, Aranga, Sobrado, os de arriba veñen do leste, xa que alí a zona más alta é a situada ao leste ocupada polas serras da Loba, Montouto, Cova da Serpe... Naturalmente aquí os ventos de abaixo chamaránse aos do leste.

A un nivel local, o paisano soe nomear os ventos según o lugar próximo de onde procedan, podendo ser este un accidente xeográfico veciño ou unha poboación que esté máis ou menos próxima. Así, por exemplo, en Sueiro (Culleredo), fálannos de ar de Altamira, ar do Xalo, ar dos Chans, ar de A Coruña, ar de Betanzos.

A nivel da provincia teremos aires locais moi coñecidos como son os aires de  A Coruña, Santiago, Betanzos ou betanceiro, de Bens (lugar próximo a A Coruña), de Carballo, de Ferrol, de Carnota, de Melide ou melidao no referido a poboacións. No refereido a accidentes xeográficos temos os do Xalo, do Pindo, da Curota, da ría,...

Hai que dicir que ,se nun sitio determinado calquera destes ventos ten uha determinada orientación, noutra localidade terá unha orientación distinta e incluso contraria. Así, o ar de Santiago será ar do norte nos lugares que queden ao ser sur, como Vedra, A Estrada, en cambio será de sur nos lugares que se sitúen ao seu norte, como Sigüeiro, Cerceda, do leste en Outes, Carnota, no noroeste en Vila de Cruces,...

Oimos falar tamén na zona de Boimorto de aires que siguen a corriente dos ríos, ou a favor dos ríos, que no caso desta localidade son do este e de aires que van en contra dos ríos, que aquí serán do oeste.

Olvidándose da dirección dos ventos, o paisano fálanos de ventos altos ou baixos (según a altura á que sopren), ventos fríos, ventos que cortan, vento escravo, vento de neve, ventos de corno e cabra, ventos quentes, mornos ( todos estes referíndose á temperatura e sendo os seis primeiros ventos moi fríos, xeralmente de natureza seca). En canto á humidade fálanos de ventos secos ou sequeiróns, húmidos, etc.

Parémonos logo a ver as propiedades destes ventos para poder así previr o tempo climatolóxico vindeiro. A forma máis facil será clasificándoos según a dirección cardinal de que veñan.

O vento do norte traerá frío, xeralmente moito, e incluso pode traer neve e xeadas, chamándoselle por eso ar de neve ou de xeada. Este frío pode pelarlles a cara ás persoas que a el se expoñan. Tamén pode traer néboas, malas para a colleita e para os mariñeiros (Vento do norte, pola costa ven a morte), xa que según din os pescadores enfría a superficie da auga e o peixe vaise ao fondo en busca de mellores temperaturas.

En canto á humidade, é un ar seco que, en xeral, trae periodos de bon tempo, aínda que se sopra en momentos de bo tempo pode traer precipitacións. Afortunadamente é un vento pouco persistente “O norte almorza, xanta e cea e bótase a durmir”.

Din os campesinos que o vento note é nembargantes o que mellor conserva as colleitas. As adegas de viño oriéntanse hacia ese lado deixando aberturas para que entre ese vento. O mesmo trasego do viño convén facelo cando veña o ar do norte. Tamén axuda a conservar mellor as froitas e verduras recollidas. O bacallao e o congro póñense en secadoiros onde lles dea este vento. A matanza do porco convén facela cando predomine este vento norte pois axuda a conservar a carne polo frío e a secala pola súa sequedade.  Os horreos oriéntanse posición norte sur, abertos polo norte e pechados pola zona sur, xa que se o norte é moi bo, o sur é moi malo pois é húmido e pode pudrir as colleitas. Dise que os horreos hai que orientalos hacia a zona da que ven a neve. Tamén é sabido que hai que pechar os horreos pola zona oeste pois por alí veñen ventos con choivas. Hai horreos orientados na linea este- oeste pero, en tódolos casos haberá que deixar aberturas pola zona norte. Tamén se di que o ar do sur enturbia as augas, en cambio o do norte as aclara.

O vento nordeste chámase xeralmente vento do nordés e é moi frecuente, sobre todo no verán. Como ven da zona norte traerá frío, o que causará gran cantidade de perxuicios na agricultura pois non deixa medrar as plantas e seca as colleitas. Tampouco é bo para os pescadores xa que din que “seca o mar” pois, como o norte, bota a pesca para o fondo. Tamén os percebeiros  se queixan del. A súa fama é incluso peor que a do vento do norte e vira coa mesma rapidez que este ”Nordeste á noite, vento sur pola mañán”.  Traerá logo bo tempo, con sol e sen ar, producindo por tanto boas condicións para os pescadores.

O vento noroeste, ou vento de travesia, como se dí dende Carballo até Outes, é un vento frío aínda que non tanto como os anteriores. É húmido, provocando ás veces choivas torrenciais (Cando do noroeste chove, até as pedras move), sarabias e incluso treboadas. Tamén vira pronto, é dicir, é de pouca duración e soe alternar con periodos de sol. Del dise o mesmo que do nordés (Noroeste á noite, vento sur pola mañán). A pesar de ser húmido, os labregos din que é bo ar para conservar viño, grans e froitas.

Atendamos agora aos ventos do arco sur.

O vento sur é ar moi quente, que soe traer choivas persistentes ou, como mínimo orballo.  Se sopra a pouca altura provoca remuiños que anticipan a choiva. Tamén soe producir néboa espesa. Na zona de A Coruña, onde tamén se coñece polo nome de vendaval, din que da moito mar e que pode facer naufragar os barcos cando é forte (O vendaval, mal para a terra e peor para o mar; Vento vendaval, amarra o barco e vaite abrigar). En Fisterra en cambio, debido á súa posición xeográfica, o vento sur ven do mar e por tanto remexe o fondo trenso boa pesca; os pescadores din que os ventos do mar favorecen a pesca e os da terra son malos para ela.

O vento sureste é moi quente, húmido e inestábel, con el veñen as choivas, que poden ser moi intensas (Vento do sudés, botas de auga  nos pés). A causa de vir dunha zona próxima ao oeste chámase en algúns lugares vento soan.

O outro vento do arco sur é o suroeste, moi abundante en Galiza no inverno. Como ven do sur vai ser cálido e é tamén húmido, podendo producir grandes choivas que non deixan traballar.

O vento leste chámase tamén soan, raiante ou nacente, debido a que sopra dende o lugar onde sae o sol. É moi famoso na provincia e sobre el hai moitos refráns: Vento soan, auga na man; Vento soan, malo no imverno e peor no verán; Co aire do leste colle os bois e vente. É un vento quente e seco, que nos días de verán produce o típico recalmón que acaba coas colleitas, seca as fontes e cansa á xente. Logo este recalmón acaba en choivas e tronadas. En cambeo din que é bo para conservar os materiais atacados pola polilla como madeira, tecidos,...

O vento do oeste, ou poñente, xa que ven de onde se pon o sol, é abundante en outono e inverno. É de natureza templada, incluso quente; húmido, xa que ven do mar, e trae sempre borrascas e choivas. É xeralmente un vento forte, símbolo do mal tempo (Co aire do poñente, solta os bois e vente). Na maior parte da provincia ven do mar, revolvendo o fondo do oceano e traendo o peixe hacia as rías, sendo polo tanto moi bon para a pesca.

Outras consideracións xerais que fai o paisano respecto aos ventos son que os ventos que principian a soprar durante o día son máis fortes que os que empezan a soprar pola noite. Tamén din que cando ven o vento e despois a choiva indica que logo atemperará o tempo. En cambeo se primeiro ven a choiva e despois o vento, xa non parará de chover. Tamén é sinal de mal tempo que o vento vire moito.

Os sons, os cheiros, o fume

Todos eles teñen relación coa forza e dirección do vento xa que son carrexados por el facendo que a súa intensidade sexa maior ou menor segun de onde sopre o ar. Naturalmente serán máis intensos naqueles lugares hacia os que sopre o ar e moito menos intensos na dirección contraria.

O son das campás, sirenas de barcos, bocinas de fábricas, o ruido do tren, o dos reloxos de edificios públicos e  relixiosos, o ruido dos avións, o dos coches que pasan pola estrada, incluso o das pedras de abalar, permitirán predir o tempo climatolóxico vindeiro.

Un veciño de Endrís (Cis- oza dos Ríos) lembra que cando traballaba nas leiras situadas entre as igrexas de Carrés  e de Mandaio(ambas no concello de Cesuras), se oía máis a campá de Carrés, ía chover, se pola contra se oía máis a campá de Mandaio, viría ar seco. Ten que ver esto coa dirección do vento. 

Este tipo de prediccións polos sons son moi frecuentes en toda a provincia.

Tamén se pode prever o tempo pola intensidade do son. Cando se oen estos ruidos claros e intensos é sinal de vento húmido, aventando choiva.

O bruido do mar é moi utilizado nas zonas costeiras. Dunha forma xeral, cando o mar se escoita nítido e intenso rompendo na costa (dise daquela que o mar brúa, berra ou ronca), é sinal de mal tempo, de choiva, incluso tempestade e fará ben o mariñeiro refuxiandose en terra, “ Brúa Valcobo (Arteixo), tempo revolto”, “Cando ronca Corrubedo (Serra do Barbanza), mariñeiro ponte quedo”, “Berra o mar do Rostro (Fisterra), veña Deus connosco”, “Berra a Arnela, o demo está nela”, “ Berra Amián (Laxe), auga na man,... e así moitos outros refráns locais.

Xa noutra orde de cousas, cando dentro da casa chirrían as portas, tanto da casa coma dos mobeis (armarios, chineros,...), ou cando renxen moito as pehaduras, é símbolo de humidade no ar.

Cos cheiros podemos facer as mesmas consideracións que cos sons.

Os veciños de oCerceda saben se vai chover ou non según o olor que despida a central de Meirama. Se este olor é forte na zona de                 esto pódese aplicar a moitas outras fábricas, verquedoiros,etc. Por exemplo, na Coruña son famosos os cheiros da fábrica de Suevos, da Refinería e do verquedoiro de Bens. 

Cando o cheiro  dos sumidoiros, cloacas, pozos negros, tuberías, WC, é forte, síse que vai chover.

Finalmente cando pola mañán ule a tempero é sinal de choiva.

En canto ao fume, este tamén se desplaza na dirección do vento, dándonos a coñecer así a dirección deste e, polo tanto, saber o tempo que vai facer. Se o fume, que pode ser das chemineas das casas, das fábricas, das rozas, dos barcos, sube recto hacia arriba, é sinal de bo tempo, en cambio se se arrastra polo chan, vira constantemente de dirección, é dicir, anda revolto, e incluso se mete na casa, é sinal de choiva, tempestade e tronada.

Na mesma cheminea, a feluxe que hai no seu interior pode caer sobre a cociña de ferro ou sobre a lareira, indicándonos que vai vir mal tempo.

O fume dos avións, se típica estela branca que aparece detrás deles é continua e se ve claramente, é sinal de bo tempo. En cambio se esta estela se desfai pouco a pouco ou desaparece rapidamente, é sinal de mal tempo.  Tamén escoitamos que se no ceo aparecen as estelas de moitos avións, en dous ou tres días cambiará o tempo.

Tamén o lume cumple a súa función preditora, se chisporrotea moito ou se apagan as brasas, mal tempo, vento húmido.

Cando botamos na lareira leña verde, esta pode explotar ciscando as brasas por tódalas partes, esto é sinal de vento ou temporal.

 Pronósticos tradicionais

Son aqueles que, baseados nunha tradición de séculos, non teñen base científica de nengunha clase, nen sequer ningún elemento físico (ar, comportamento animal, nubes, néboas, lúa, sol,...) que os soporte.

Neles, como no caso das enfermidades tradicionais estudiadas por nós en anteriores anuarios, prodúcese unha profunda interacción entre o relixioso e o pagán, como veremos ao final do artigo. Tamén veremos que entre elas, a pesar de ser diversas, manteñen moitos elementos en común.

 

Previsión a partir de certos días sinalados

O labrego ás 12 da noite do ano vello, é dicir, xusto cando escomenza o ano novo, saía da casa levando na súa man un fachuzo de pallas ou algúnha outra cousa susceptibel de arder (papel de periódico, paus, etc..) e prendíalle lume. Tamén podía mollar o dedo índice con cuspe e expoñelo ao ar. Así, según hacia onde se dirixira o lume e o fume, ou ben a zona do deo que antes secaba o ar, coñecía a dirección do vento. Esta dirección sería, según o paisano, a que ía predominar durante todo o ano e, por ela, deducíamos se o ano ía ser chuvioso, seco, ventoso ,...

Algúns paisanos atendían, ademáis da dirección do vento, a outros aspectos desa noite como se había luar, estrelas, choiva, nubosidade,.... indicando, como no caso anterior, as características desa noite que ían predominar durante todo o ano.

Confiaba o paisano cegamente nestes datos e, en algúns lugares como Carnota, se vían que o tempo ía ser propicio para as colleitas o celebraban facendo unha festa comunal na que se mataba un año.

Moitas veces non só se facía este riro no primeiro de ano, senón que se usaba no principio de cada estación para saber así o tempo que ía predominar en cada unha delas. Incluso ás veces se facía no inicio de calqueira labor importante como plantar, matar o porco ou salgalo, mallar,.... Así, por exemplo, en Teixeiro explicannos que moita xente repetía este rito varios días seguidos até que houbese sinal de vento nordés para así aproveitar para matar o porco, xa que este vento é frío e, polo tanto, favorabel para a conservación da carne, sendo outros ventos como o do sur perxudiciais para esta labor por ser húmidos ou chuviosos.

Outro dos días preferidos para utilizar este método era o día de Nadal, aínda que aquí, máis que a dirección do vento, importaba o semblante.Se ás 12 da noite facía claro, sinal que había que preparar moito a terra antes de sementar; se estaba oscuro xa se podía sementar directamente; se chovía era bo tempo para empezar as labouras agrícolas; pero se a noite era seca, había que esperar.

Os lunarios antigos falannos de que este tipo de pronósticos do tempo  se realizaban tamén nos días rematados en 7, é dicir, o 7, 17 e 27 de cada mes.

Noutra orde de cousas, moitos labregos e mariñeiros observaban o clima que había nos días de mediados de mes para ver como se presentaba o mes seguinte xa que, como dí o refrán “Cando o mes media, outro asemella”.

Sortes, resortes e contrasortes

Coñécese tamén esta técnica cos nomes de xorgas e rexorgas, pintas e repintas (na zona da Costa da Morte), témporas e contratémporas (na zona de Noia).

A técnica é igual que a anterior pero, en lugar de nun só día realizábase durante os doce primeiros días do ano. Ás doce da noite mirábase a dirección do vento ou os outros aspectos da noite (clara, escura, ventosa, chuviosa,....) e según eles predecíase o tempo do resto do ano. Cada día correspondería a un mes. Así, o 1º de Xaneiro daría o tempo predominante no 1º mes, o 2 de Xaneiro indicaría o tempo de Febreiro, o 3 de Xaneiro o de Marzo e así até o 12 de Xaneiro que indicaría o tempo de Decembro. Xa dí o refrán “O primeiro foi Xaneiro, martes foi Febreiro, mércores foi Marzo, xoves foi Abril, hoxe é Maio, mañán San Xoan, sábado é Santiago, domingo é Agosto, luns é Setembro, martes o Outono, mércores e Novembro, xoves é Decembro”. Estes doce primeiros días do ano serán as sortes, pintas, xorgas ou témporas.

Para confirmar ou modificar algo a conceción do clima dos meses recurría o labrego a resortes, retémporas ou rexorgas. Neste caso mirábase a noite dende o 13 ao 24 de Xaneiro, correspondendo tamén cada día a un mes determinado, así o 13 sería Xaneiro, o 14 Febreiro,........... o 24 sería Decembro. Moita xente explica que eran incluso máis fiables as resortes que as sortes. Pero había outras persoas que volvían a mirar o tempo dende o 25 de Xaneiro até o 5 de Febreiro, predecindo de novo o tempo deses meses para así confirmar ou modificar lixeiramente as conclusións anteriores. Estas últimas prediccións coñencense co nome de contrasortes, contraxorgas, contrapintas e contratémporas.

As.i, se o día 5 de Xaneiro era chuvioso, nos indicaría que en Maio vai chover bastante; se o 17 de Xaneiro era tamén chuvioso confirmaría a primeira predicción, pero se era seco, indicaría que sería menos chuvioso do que en principio pensabamos; o tempo do día 29 de Xaneiro confirmaría ou modificaría lixeiramente estas prediccións.

Método das areas do sal

Ás 12 da noite de fin de ano deixábase na soleira da fiestra ou do horreo, ou nun soporte de pedra ou madeira queeste ao ar libre para que lle dea o vento pero ao mesmo tempo protexido da choiva, 12 areas de sal gordo (podía ser do que se utilizaba para salgar o porco) en fila. Ao día seguinte mirábase se estaban húmidas ou non. 

A primeira area correspondía ao mes de Xaneiro, a segunda a Febreiro e así sucesivamente. Aquelas que estaban máis húmidas indicaban o mes húmido e as secas o mes seco, podendo adiviñarse a cantidade de choiva según o grado de humidade que tiña cada area de sal. As máis húmidas eran, naturalmente, as que correspondían ao mes máis chuvioso.

As témporas

Neste caso a técnica é como as anteriores. Ás doce da noite duns días determinados observábase a dirección do vento ou o semblante para así poder predecir o tempo vindeiro. O que cambea son os días esablecidos.

A predicción facíase ao principio de cada estación, polo tanto habería catro témporas, as primeiras eran as de primavera, as segundas as do verán, as terceiras as de outono e as cuartas as de inverno.

Os días escollidos van coincidir con aqueles que a relixión católica usaba para que mediante o xexún, a oración e a penitencia se fortalecese a alma do crente para afrontar as vicisitudes da estación.

As témporas foron establecidas pola relixión católica ala polo século III, según uns polo papa Calixto I e según outros polo papa Siricio, en Roma. Posteriormente estendéronse por todo o mundo cristiano occidental (na igrexa oriental nunca se celebraron as témporas). Arredor do século XII o papa Gregorio VII fala da súa obrigatoriedade para toda a igrexa. Nembargantes, a mesma igrexa  acabou condenando o uso das súas témporas relixiosas como método para predicir o tempo. Finalmente o Concilio Vaticano II anulou a súa obrigatoriedade.

Cabe dicir que nun principio só se celebraban as témporas de verán, outono e inverno, pero pronto se incorporarían as da primavera.

Cada témpora se celebraba tres días, sempre mércores, venres e sábado, valendo, según a igrexa, as da primaveira para curar o vicio da carne e da vanagloria, as do verán o vicio da cólera, as do outono para curar a melancolía e a tristura outonal, e as de inverno para curar a pereza e a frouxedade do corpo.

Elexiu a igrexa como datas das témporas, na primavera o mércores, venres e sábado da segunda semán da Cuaresma, no verán o mércores, venres e sábado da primeira semán de Pentecostés, no outono o mércores, venres e sábado seguintes ao día de Santa Cruz (14 de Setembro), e no inverno o mércores, venres e sábado da terceira semán de Advento.

Estos días foron escollidos polo pobo para facer os seus pronósticos meteorolóxicos. O primeiro día, o mércores, vainos indicar o tempo do primeiro mes de cada estación, o venres o do segundo mes e o sábado o do terceiro mes.

Hai unha pequena dificultade para calcular as datas das témporas. Vemos que os tempos marcados pola igrexa (Advento, Cuaresma, Pentecostés,...) son festas variabeis e, polo tanto, o primeiro problema é saber verdadeiramente cando son as datas concretas.

A igrexa basase para calcular estes tempus nun aspecto totalmente profano, os ciclos da lúa.

Así, o día da Resurreción do Señor sinalase o domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera. Por exemplo, neste ano 2011, a primeira lúa chea de primavera foi o 18 de Abril, sendo o primeiro domingo seguinte o 24, que indica o día de Pascua de Resurreción. A Semán Santa  será logo a semán anterior a ese domingo, neste caso dende o 18 ao 24. O domingo anterior ao da Pascua de resurreción é o Domingo de Ramos, e a Cuaresma durará os 40 días anteriores a ese domingo. Iníciase a Cuaresma polo tanto un mércores, chamado pola relixión cristiana Mércores de Cinza. Neste ano 2011 sería o 9 de Marzo. Vimos que a igrexa celebra as témporas de primavera a segunda semán de Cuaresma, dándonos logo como datas das témporas o 16, 18 e 19 de Marzo.

Asimesmo, a igrexa conta, despois do Domingo de Resurreción cuarenta días para chegar ao día da Ascensión. En caso de que coincida en domingo, a festividade celebrarasé o domingo seguinte. No 2011, contando os cuarenta días, caerá o domingo día 5 de Xuño. A partir de aquí  comenza o Pentecostés. No ano 2011 o inicio do Pentecostés será o 12 de xuño, debido a que o día da Ascensión cae en domingo. As datas das témporas de verán  serán os días 15, 17 e 18 de Xuño. As témporas celebraránse a semana da festa da Santísima Trinidade, que se celebra o domingo posterior a estas. Neste ano 2011 coincidiría o domingo 19 de Xuño.

As témporas de outono son as máis fáciles de calcular por ser Santa Cruz unha festa fixa que se celebra o 14 de Setembro. Xa vimos que se celebran o mércores, venres e sábado da semán seguinte. Así, no 2011 serían os días 21, 23 e 24, xa que a festa de Santa Cruz este ano coincide nun mércores. O paisano dinos que as témporas de outono celébranse a semana antes de San Mateo (21 de Setembro). Así sucede, excepto que coincida o inicio das témporas coa festa da Exaltación da Cruz, pasandose entonces á seguinte semana. O paisano coñece estas teémporas co nome de témporas de San Mateo.

O Advento calcúlase a partir do día de Nadal, que sempre ten a data fixa de 25 de Decembro. O inicio ten lugar catro domingos antes do Nadal. No ano 2011 coincide co día 27 de Novembro. A terceira semán de Advento sería do 12 ao 18 de Decembre, polo tanto as témporas neste ano serían o 14, o 16 e o 17 de Decembro.O paisano aforra estes cálculos, igual que fixo nas témporas de outono, decino que as témporas de inverno se celebran os días seguintes a Sta. Lucia (13 de Decembro). No ano 2011 estas datas resultan o 14, 16 e 17, naturalmente coincidentes co cálculo anterior.

Según sea o tempo nas datas de todas as témporas, o paisano fálanos de témporas dearriba e témporas de abaixo. No mesmo senso fala de témporas que cerran de arriba e cerran de abaixo. Esto refírese á dirección do vento. As de arriba, ou cando cerran de arriba, significa que ven o vento de arriba, que xeralmente, como vimos no apartado de ventos, ven do norte e traerá frío e, ao ser seco, non producirá case nunca choivas, o que implica bo tempo para traballar. As de abaixo, ou cando cerran de abaixo, din que o vento ven de abaixo, o que xeralemente se asocia ao vento sur que nos trae calor e choivas persistentes, o que implica mal tempo para laborar.

 Xa o dí o refrán “Témporas en témporas de arriba, auga nin pinga, témporas en témporas de abaixo, chuvia ou vento” sexa a diferencia entre as presións máior será a forza do vento.

Os nosos labregos e mariñeiros danlle ao vento tamén o nome de aire ( ven ar do norte, fai ar frio,...). O nome de vento utilizase xeralmente cando a forza do ar é maior.

E este un dos aspectos que máis mira o paisano para predir o tempo que vai vir. Mira non só a súa dirección, senón tamén o seu grao de humidade, a súa altura, a forza e o seu comportamento, dándolle según as súas características, distintos nomes.

A Forma máis sinxela é clasificalos según a súa dirección que moitas veces ven dada polo punto cardinal do que procede. Fálase así de ventos do norte, do leste, do sudoeste, etc. Incluso os puntos cardinais reciben aquí o nome de ventos, é dicir, o punto norte chámase vento norte, o punto este, vento este. A rosa que marca os 32 puntos cardinais en que se divide  o horizonte chámase precisamente rosa dos ventos.

Estes ventos, a nivel local, poden recibir outros nomes, por exemplo o ar do sur pódese chamar vento sur, vendaval, surazo,...; o do leste, lestazo, soan, nacente (ven de onde nace o sol), levante,....; o do oeste, poñente (ven do lugar onde se pon o sol), travesio,..; o do noroeste, nordés,... Aínda que ás veces, según estemos nun ou outro lugar da provincia, confúndense eses nomes, así, vendaval chámase ao ar do suroeste nas zonas do norte da provincia

Outros nomes que atenden á dirección do vento son os que indican se o vento ven do mar ou da terra. Se veñen do mar chámanse ventos mareiros, e os da terra, terreiros. Dentro destes últimos teremos tamén os ventos da serra ou da montaña se veñen de lugares altos. Tamén falan os paisanos de ventos de fóra ou ventos de dentro. Xeralmente os de fóra son os que veñen do mar e os de dentro da terrra. Se vemos a disposición da provincia no mapa, os ventos de fóra coincidiran cos do norte e oeste e os da terra cos do sur e do leste.

Outra división que fan os paisanos é a de ventos de arriba e ventos de abaixo. Dunha forma moi xeral, os de arriba veñen do arco norte e os de abaixo do arco sur pero, ás veces, influe a topografía do terreno e os de arriba chámanlle aos que veñen das zonas altas (montañas ou lugares máis elevados) e os de abaixo, naturlamente, aos  que veñen das zonas de menor elevación. Así, en Mesía, Aranga, Sobrado, os de arriba veñen do leste, xa que alí a zona más alta é a situada ao leste ocupada polas serras da Loba, Montouto, Cova da Serpe... Naturalmente aquí os ventos de abaixo chamaránse aos do leste.

A un nivel local, o paisano soe nomear os ventos según o lugar próximo de onde procedan, podendo ser este un accidente xeográfico veciño ou unha poboación que esté máis ou menos próxima. Así, por exemplo, en Sueiro (Culleredo), fálannos de ar de Altamira, ar do Xalo, ar dos Chans, ar de A Coruña, ar de Betanzos.

A nivel da provincia teremos aires locais moi coñecidos como son os aires de  A Coruña, Santiago, Betanzos ou betanceiro, de Bens (lugar próximo a A Coruña), de Carballo, de Ferrol, de Carnota, de Melide ou melidao no referido a poboacións. No refereido a accidentes xeográficos temos os do Xalo, do Pindo, da Curota, da ría,...

Hai que dicir que ,se nun sitio determinado calquera destes ventos ten uha determinada orientación, noutra localidade terá unha orientación distinta e incluso contraria. Así, o ar de Santiago será ar do norte nos lugares que queden ao ser sur, como Vedra, A Estrada, en cambio será de sur nos lugares que se sitúen ao seu norte, como Sigüeiro, Cerceda, do leste en Outes, Carnota, no noroeste en Vila de Cruces,...

Oimos falar tamén na zona de Boimorto de aires que siguen a corriente dos ríos, ou a favor dos ríos, que no caso desta localidade son do este e de aires que van en contra dos ríos, que aquí serán do oeste.

Olvidándose da dirección dos ventos, o paisano fálanos de ventos altos ou baixos (según a altura á que sopren), ventos fríos, ventos que cortan, vento escravo, vento de neve, ventos de corno e cabra, ventos quentes, mornos ( todos estes referíndose á temperatura e sendo os seis primeiros ventos moi fríos, xeralmente de natureza seca). En canto á humidade fálanos de ventos secos ou sequeiróns, húmidos, etc.

Parémonos logo a ver as propiedades destes ventos para poder así previr o tempo climatolóxico vindeiro. A forma máis facil será clasificándoos según a dirección cardinal de que veñan.

O vento do norte traerá frío, xeralmente moito, e incluso pode traer neve e xeadas, chamándoselle por eso ar de neve ou de xeada. Este frío pode pelarlles a cara ás persoas que a el se expoñan. Tamén pode traer néboas, malas para a colleita e para os mariñeiros (Vento do norte, pola costa ven a morte), xa que según din os pescadores enfría a superficie da auga e o peixe vaise ao fondo en busca de mellores temperaturas.

En canto á humidade, é un ar seco que, en xeral, trae periodos de bon tempo, aínda que se sopra en momentos de bo tempo pode traer precipitacións. Afortunadamente é un vento pouco persistente “O norte almorza, xanta e cea e bótase a durmir”.

Din os campesinos que o vento note é nembargantes o que mellor conserva as colleitas. As adegas de viño oriéntanse hacia ese lado deixando aberturas para que entre ese vento. O mesmo trasego do viño convén facelo cando veña o ar do norte. Tamén axuda a conservar mellor as froitas e verduras recollidas. O bacallao e o congro póñense en secadoiros onde lles dea este vento. A matanza do porco convén facela cando predomine este vento norte pois axuda a conservar a carne polo frío e a secala pola súa sequedade.  Os horreos oriéntanse posición norte sur, abertos polo norte e pechados pola zona sur, xa que se o norte é moi bo, o sur é moi malo pois é húmido e pode pudrir as colleitas. Dise que os horreos hai que orientalos hacia a zona da que ven a neve. Tamén é sabido que hai que pechar os horreos pola zona oeste pois por alí veñen ventos con choivas. Hai horreos orientados na linea este- oeste pero, en tódolos casos haberá que deixar aberturas pola zona norte. Tamén se di que o ar do sur enturbia as augas, en cambio o do norte as aclara.

O vento nordeste chámase xeralmente vento do nordés e é moi frecuente, sobre todo no verán. Como ven da zona norte traerá frío, o que causará gran cantidade de perxuicios na agricultura pois non deixa medrar as plantas e seca as colleitas. Tampouco é bo para os pescadores xa que din que “seca o mar” pois, como o norte, bota a pesca para o fondo. Tamén os percebeiros  se queixan del. A súa fama é incluso peor que a do vento do norte e vira coa mesma rapidez que este ”Nordeste á noite, vento sur pola mañán”.  Traerá logo bo tempo, con sol e sen ar, producindo por tanto boas condicións para os pescadores.

O vento noroeste, ou vento de travesia, como se dí dende Carballo até Outes, é un vento frío aínda que non tanto como os anteriores. É húmido, provocando ás veces choivas torrenciais (Cando do noroeste chove, até as pedras move), sarabias e incluso treboadas. Tamén vira pronto, é dicir, é de pouca duración e soe alternar con periodos de sol. Del dise o mesmo que do nordés (Noroeste á noite, vento sur pola mañán). A pesar de ser húmido, os labregos din que é bo ar para conservar viño, grans e froitas.

Atendamos agora aos ventos do arco sur.

O vento sur é ar moi quente, que soe traer choivas persistentes ou, como mínimo orballo.  Se sopra a pouca altura provoca remuiños que anticipan a choiva. Tamén soe producir néboa espesa. Na zona de A Coruña, onde tamén se coñece polo nome de vendaval, din que da moito mar e que pode facer naufragar os barcos cando é forte (O vendaval, mal para a terra e peor para o mar; Vento vendaval, amarra o barco e vaite abrigar). En Fisterra en cambio, debido á súa posición xeográfica, o vento sur ven do mar e por tanto remexe o fondo trenso boa pesca; os pescadores din que os ventos do mar favorecen a pesca e os da terra son malos para ela.

O vento sureste é moi quente, húmido e inestábel, con el veñen as choivas, que poden ser moi intensas (Vento do sudés, botas de auga  nos pés). A causa de vir dunha zona próxima ao oeste chámase en algúns lugares vento soan.

O outro vento do arco sur é o suroeste, moi abundante en Galiza no inverno. Como ven do sur vai ser cálido e é tamén húmido, podendo producir grandes choivas que non deixan traballar.

O vento leste chámase tamén soan, raiante ou nacente, debido a que sopra dende o lugar onde sae o sol. É moi famoso na provincia e sobre el hai moitos refráns: Vento soan, auga na man; Vento soan, malo no imverno e peor no verán; Co aire do leste colle os bois e vente. É un vento quente e seco, que nos días de verán produce o típico recalmón que acaba coas colleitas, seca as fontes e cansa á xente. Logo este recalmón acaba en choivas e tronadas. En cambeo din que é bo para conservar os materiais atacados pola polilla como madeira, tecidos,...

O vento do oeste, ou poñente, xa que ven de onde se pon o sol, é abundante en outono e inverno. É de natureza templada, incluso quente; húmido, xa que ven do mar, e trae sempre borrascas e choivas. É xeralmente un vento forte, símbolo do mal tempo (Co aire do poñente, solta os bois e vente). Na maior parte da provincia ven do mar, revolvendo o fondo do oceano e traendo o peixe hacia as rías, sendo polo tanto moi bon para a pesca.

Outras consideracións xerais que fai o paisano respecto aos ventos son que os ventos que principian a soprar durante o día son máis fortes que os que empezan a soprar pola noite. Tamén din que cando ven o vento e despois a choiva indica que logo atemperará o tempo. En cambeo se primeiro ven a choiva e despois o vento, xa non parará de chover. Tamén é sinal de mal tempo que o vento vire moito.

Os sons, os cheiros, o fume

Todos eles teñen relación coa forza e dirección do vento xa que son carrexados por el facendo que a súa intensidade sexa maior ou menor segun de onde sopre o ar. Naturalmente serán máis intensos naqueles lugares hacia os que sopre o ar e moito menos intensos na dirección contraria.

O son das campás, sirenas de barcos, bocinas de fábricas, o ruido do tren, o dos reloxos de edificios públicos e  relixiosos, o ruido dos avións, o dos coches que pasan pola estrada, incluso o das pedras de abalar, permitirán predir o tempo climatolóxico vindeiro.

Un veciño de Endrís (Cis- oza dos Ríos) lembra que cando traballaba nas leiras situadas entre as igrexas de Carrés  e de Mandaio(ambas no concello de Cesuras), se oía máis a campá de Carrés, ía chover, se pola contra se oía máis a campá de Mandaio, viría ar seco. Ten que ver esto coa dirección do vento.

Este tipo de prediccións polos sons son moi frecuentes en toda a provincia.

Tamén se pode prever o tempo pola intensidade do son. Cando se oen estos ruidos claros e intensos é sinal de vento húmido, aventando choiva.

O bruido do mar é moi utilizado nas zonas costeiras. Dunha forma xeral, cando o mar se escoita nítido e intenso rompendo na costa (dise daquela que o mar brúa, berra ou ronca), é sinal de mal tempo, de choiva, incluso tempestade e fará ben o mariñeiro refuxiandose en terra, “ Brúa Valcobo (Arteixo), tempo revolto”, “Cando ronca Corrubedo (Serra do Barbanza), mariñeiro ponte quedo”, “Berra o mar do Rostro (Fisterra), veña Deus connosco”, “Berra a Arnela, o demo está nela”, “ Berra Amián (Laxe), auga na man,... e así moitos outros refráns locais.

Xa noutra orde de cousas, cando dentro da casa chirrían as portas, tanto da casa coma dos mobeis (armarios, chineros,...), ou cando renxen moito as pehaduras, é símbolo de humidade no ar.

Cos cheiros podemos facer as mesmas consideracións que cos sons.

Os veciños de oCerceda saben se vai chover ou non según o olor que despida a central de Meirama. Se este olor é forte na zona de esto pódese aplicar a moitas outras fábricas, verquedoiros,etc. Por exemplo, na Coruña son famosos os cheiros da fábrica de Suevos, da Refinería e do verquedoiro de Bens.

Cando o cheiro  dos sumidoiros, cloacas, pozos negros, tuberías, WC, é forte, síse que vai chover.

Finalmente cando pola mañán ule a tempero é sinal de choiva.

En canto ao fume, este tamén se desplaza na dirección do vento, dándonos a coñecer así a dirección deste e, polo tanto, saber o tempo que vai facer. Se o fume, que pode ser das chemineas das casas, das fábricas, das rozas, dos barcos, sube recto hacia arriba, é sinal de bo tempo, en cambio se se arrastra polo chan, vira constantemente de dirección, é dicir, anda revolto, e incluso se mete na casa, é sinal de choiva, tempestade e tronada.

Na mesma cheminea, a feluxe que hai no seu interior pode caer sobre a cociña de ferro ou sobre a lareira, indicándonos que vai vir mal tempo.

O fume dos avións, se típica estela branca que aparece detrás deles é continua e se ve claramente, é sinal de bo tempo. En cambio se esta estela se desfai pouco a pouco ou desaparece rapidamente, é sinal de mal tempo.  Tamén escoitamos que se no ceo aparecen as estelas de moitos avións, en dous ou tres días cambiará o tempo.

Tamén o lume cumple a súa función preditora, se chisporrotea moito ou se apagan as brasas, mal tempo, vento húmido.

Cando botamos na lareira leña verde, esta pode explotar ciscando as brasas por tódalas partes, esto é sinal de vento ou temporal

Pronósticos tradicionais

Son aqueles que, baseados nunha tradición de séculos, non teñen base científica de nengunha clase, nen sequer ningún elemento físico (ar, comportamento animal, nubes, néboas, lúa, sol,...) que os soporte.

Neles, como no caso das enfermidades tradicionais estudiadas por nós en anteriores anuarios, prodúcese unha profunda interacción entre o relixioso e o pagán, como veremos ao final do artigo. Tamén veremos que entre elas, a pesar de ser diversas, manteñen moitos elementos en común

Previsión a partir de certos días sinalados

O labrego ás 12 da noite do ano vello, é dicir, xusto cando escomenza o ano novo, saía da casa levando na súa man un fachuzo de pallas ou algúnha outra cousa susceptibel de arder (papel de periódico, paus, etc..) e prendíalle lume. Tamén podía mollar o dedo índice con cuspe e expoñelo ao ar. Así, según hacia onde se dirixira o lume e o fume, ou ben a zona do deo que antes secaba o ar, coñecía a dirección do vento. Esta dirección sería, según o paisano, a que ía predominar durante todo o ano e, por ela, deducíamos se o ano ía ser chuvioso, seco, ventoso ,...

Algúns paisanos atendían, ademáis da dirección do vento, a outros aspectos desa noite como se había luar, estrelas, choiva, nubosidade,.... indicando, como no caso anterior, as características desa noite que ían predominar durante todo o ano.

Confiaba o paisano cegamente nestes datos e, en algúns lugares como Carnota, se vían que o tempo ía ser propicio para as colleitas o celebraban facendo unha festa comunal na que se mataba un año.

Moitas veces non só se facía este riro no primeiro de ano, senón que se usaba no principio de cada estación para saber así o tempo que ía predominar en cada unha delas. Incluso ás veces se facía no inicio de calqueira labor importante como plantar, matar o porco ou salgalo, mallar,.... Así, por exemplo, en Teixeiro explicannos que moita xente repetía este rito varios días seguidos até que houbese sinal de vento nordés para así aproveitar para matar o porco, xa que este vento é frío e, polo tanto, favorabel para a conservación da carne, sendo outros ventos como o do sur perxudiciais para esta labor por ser húmidos ou chuviosos.

Outro dos días preferidos para utilizar este método era o día de Nadal, aínda que aquí, máis que a dirección do vento, importaba o semblante.Se ás 12 da noite facía claro, sinal que había que preparar moito a terra antes de sementar; se estaba oscuro xa se podía sementar directamente; se chovía era bo tempo para empezar as labouras agrícolas; pero se a noite era seca, había que esperar.

Os lunarios antigos falannos de que este tipo de pronósticos do tempo  se realizaban tamén nos días rematados en 7, é dicir, o 7, 17 e 27 de cada mes.

Noutra orde de cousas, moitos labregos e mariñeiros observaban o clima que había nos días de mediados de mes para ver como se presentaba o mes seguinte xa que, como dí o refrán “Cando o mes media, outro asemella”.

Sortes, resortes e contrasortes

Coñécese tamén esta técnica cos nomes de xorgas e rexorgas, pintas e repintas (na zona da Costa da Morte), témporas e contratémporas (na zona de Noia).

A técnica é igual que a anterior pero, en lugar de nun só día realizábase durante os doce primeiros días do ano. Ás doce da noite mirábase a dirección do vento ou os outros aspectos da noite (clara, escura, ventosa, chuviosa,....) e según eles predecíase o tempo do resto do ano. Cada día correspondería a un mes. Así, o 1º de Xaneiro daría o tempo predominante no 1º mes, o 2 de Xaneiro indicaría o tempo de Febreiro, o 3 de Xaneiro o de Marzo e así até o 12 de Xaneiro que indicaría o tempo de Decembro. Xa dí o refrán “O primeiro foi Xaneiro, martes foi Febreiro, mércores foi Marzo, xoves foi Abril, hoxe é Maio, mañán San Xoan, sábado é Santiago, domingo é Agosto, luns é Setembro, martes o Outono, mércores e Novembro, xoves é Decembro”. Estes doce primeiros días do ano serán as sortes, pintas, xorgas ou témporas.

Para confirmar ou modificar algo a conceción do clima dos meses recurría o labrego a resortes, retémporas ou rexorgas. Neste caso mirábase a noite dende o 13 ao 24 de Xaneiro, correspondendo tamén cada día a un mes determinado, así o 13 sería Xaneiro, o 14 Febreiro,........... o 24 sería Decembro. Moita xente explica que eran incluso máis fiables as resortes que as sortes. Pero había outras persoas que volvían a mirar o tempo dende o 25 de Xaneiro até o 5 de Febreiro, predecindo de novo o tempo deses meses para así confirmar ou modificar lixeiramente as conclusións anteriores. Estas últimas prediccións coñencense co nome de contrasortes, contraxorgas, contrapintas e contratémporas.

As.i, se o día 5 de Xaneiro era chuvioso, nos indicaría que en Maio vai chover bastante; se o 17 de Xaneiro era tamén chuvioso confirmaría a primeira predicción, pero se era seco, indicaría que sería menos chuvioso do que en principio pensabamos; o tempo do día 29 de Xaneiro confirmaría ou modificaría lixeiramente estas prediccións.

Método das areas do sal

Ás 12 da noite de fin de ano deixábase na soleira da fiestra ou do horreo, ou nun soporte de pedra ou madeira queeste ao ar libre para que lle dea o vento pero ao mesmo tempo protexido da choiva, 12 areas de sal gordo (podía ser do que se utilizaba para salgar o porco) en fila. Ao día seguinte mirábase se estaban húmidas ou non. 

A primeira area correspondía ao mes de Xaneiro, a segunda a Febreiro e así sucesivamente. Aquelas que estaban máis húmidas indicaban o mes húmido e as secas o mes seco, podendo adiviñarse a cantidade de choiva según o grado de humidade que tiña cada area de sal. As máis húmidas eran, naturalmente, as que correspondían ao mes máis chuvioso.

As témporas

Neste caso a técnica é como as anteriores. Ás doce da noite duns días determinados observábase a dirección do vento ou o semblante para así poder predecir o tempo vindeiro. O que cambea son os días esablecidos.

A predicción facíase ao principio de cada estación, polo tanto habería catro témporas, as primeiras eran as de primavera, as segundas as do verán, as terceiras as de outono e as cuartas as de inverno.

Os días escollidos van coincidir con aqueles que a relixión católica usaba para que mediante o xexún, a oración e a penitencia se fortalecese a alma do crente para afrontar as vicisitudes da estación.

As témporas foron establecidas pola relixión católica ala polo século III, según uns polo papa Calixto I e según outros polo papa Siricio, en Roma. Posteriormente estendéronse por todo o mundo cristiano occidental (na igrexa oriental nunca se celebraron as témporas). Arredor do século XII o papa Gregorio VII fala da súa obrigatoriedade para toda a igrexa. Nembargantes, a mesma igrexa  acabou condenando o uso das súas témporas relixiosas como método para predicir o tempo. Finalmente o Concilio Vaticano II anulou a súa obrigatoriedade.

Cabe dicir que nun principio só se celebraban as témporas de verán, outono e inverno, pero pronto se incorporarían as da primavera.

Cada témpora se celebraba tres días, sempre mércores, venres e sábado, valendo, según a igrexa, as da primaveira para curar o vicio da carne e da vanagloria, as do verán o vicio da cólera, as do outono para curar a melancolía e a tristura outonal, e as de inverno para curar a pereza e a frouxedade do corpo.

Elexiu a igrexa como datas das témporas, na primavera o mércores, venres e sábado da segunda semán da Cuaresma, no verán o mércores, venres e sábado da primeira semán de Pentecostés, no outono o mércores, venres e sábado seguintes ao día de Santa Cruz (14 de Setembro), e no inverno o mércores, venres e sábado da terceira semán de Advento. 

Estos días foron escollidos polo pobo para facer os seus pronósticos meteorolóxicos. O primeiro día, o mércores, vainos indicar o tempo do primeiro mes de cada estación, o venres o do segundo mes e o sábado o do terceiro mes.

Hai unha pequena dificultade para calcular as datas das témporas. Vemos que os tempos marcados pola igrexa (Advento, Cuaresma, Pentecostés,...) son festas variabeis e, polo tanto, o primeiro problema é saber verdadeiramente cando son as datas concretas.

A igrexa basase para calcular estes tempus nun aspecto totalmente profano, os ciclos da lúa.

Así, o día da Resurreción do Señor sinalase o domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera. Por exemplo, neste ano 2011, a primeira lúa chea de primavera foi o 18 de Abril, sendo o primeiro domingo seguinte o 24, que indica o día de Pascua de Resurreción. A Semán Santa  será logo a semán anterior a ese domingo, neste caso dende o 18 ao 24. O domingo anterior ao da Pascua de resurreción é o Domingo de Ramos, e a Cuaresma durará os 40 días anteriores a ese domingo. Iníciase a Cuaresma polo tanto un mércores, chamado pola relixión cristiana Mércores de Cinza. Neste ano 2011 sería o 9 de Marzo. Vimos que a igrexa celebra as témporas de primavera a segunda semán de Cuaresma, dándonos logo como datas das témporas o 16, 18 e 19 de Marzo.

Asimesmo, a igrexa conta, despois do Domingo de Resurreción cuarenta días para chegar ao día da Ascensión. En caso de que coincida en domingo, a festividade celebrarasé o domingo seguinte. No 2011, contando os cuarenta días, caerá o domingo día 5 de Xuño. A partir de aquí  comenza o Pentecostés. No ano 2011 o inicio do Pentecostés será o 12 de xuño, debido a que o día da Ascensión cae en domingo. As datas das témporas de verán  serán os días 15, 17 e 18 de Xuño. As témporas celebraránse a semana da festa da Santísima Trinidade, que se celebra o domingo posterior a estas. Neste ano 2011 coincidiría o domingo 19 de Xuño.

As témporas de outono son as máis fáciles de calcular por ser Santa Cruz unha festa fixa que se celebra o 14 de Setembro. Xa vimos que se celebran o mércores, venres e sábado da semán seguinte. Así, no 2011 serían os días 21, 23 e 24, xa que a festa de Santa Cruz este ano coincide nun mércores. O paisano dinos que as témporas de outono celébranse a semana antes de San Mateo (21 de Setembro). Así sucede, excepto que coincida o inicio das témporas coa festa da Exaltación da Cruz, pasandose entonces á seguinte semana. O paisano coñece estas teémporas co nome de témporas de San Mateo.

O Advento calcúlase a partir do día de Nadal, que sempre ten a data fixa de 25 de Decembro. O inicio ten lugar catro domingos antes do Nadal. No ano 2011 coincide co día 27 de Novembro. A terceira semán de Advento sería do 12 ao 18 de Decembre, polo tanto as témporas neste ano serían o 14, o 16 e o 17 de Decembro.O paisano aforra estes cálculos, igual que fixo nas témporas de outono, decino que as témporas de inverno se celebran os días seguintes a Sta. Lucia (13 de Decembro). No ano 2011 estas datas resultan o 14, 16 e 17, naturalmente coincidentes co cálculo anterior.

Según sea o tempo nas datas de todas as témporas, o paisano fálanos de témporas dearriba e témporas de abaixo. No mesmo senso fala de témporas que cerran de arriba e cerran de abaixo. Esto refírese á dirección do vento. As de arriba, ou cando cerran de arriba, significa que ven o vento de arriba, que xeralmente, como vimos no apartado de ventos, ven do norte e traerá frío e, ao ser seco, non producirá case nunca choivas, o que implica bo tempo para traballar. As de abaixo, ou cando cerran de abaixo, din que o vento ven de abaixo, o que xeralemente se asocia ao vento sur que nos trae calor e choivas persistentes, o que implica mal tempo para laborar.

 Xa o dí o refrán “Témporas en témporas de arriba, auga nin pinga, témporas en témporas de abaixo, chuvia ou vento” 

Sintomatoloxía e curación das enfermidades tradicionais nas mariñas coruñesas (II)

https://drive.google.com/file/d/1Bc-C6Cb15ipraW1jEgRG6sEOOppygO5Q/view?usp=sharing